segunda-feira, 24 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO



25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIÓNAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

En 1981 celebrouse en Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional da non violencia contra as mulleres. Esta data elexiuse para conmemorar ás irmáns Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asesinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.
Hoxe, 25 de novembro de 2014, a violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Até un 70% das mulleres sofre violencia na súa vida.

Neste contexto lemos,  con asombro, que a revista Time, acaba de realizar unha enquisa para averiguar cales son as palabras que os seus lectores dixitales non queren volver a ler en 2015. Entre as 15 palabras e expresións que os lectores poden votar
está “feminist”, neste momento está expresión gaña cunha ampla vantaxe.
Eu tamén quero que a palabra feminista deixe de ter sentido, que deixe de estar presente no 2015, que non sexa necesaria, que non sexa imprescindible.
Gostaríame que, nós @s feministas, tiveramos acadado, despois deste longo camino sen descanso, a nosa liberdade, o poder de decidir sobre o noso corpo, de ser donas do noso futuro, de vivir a nosa sexualidade con liberdade, de planificar a nosa maternidade, de vivir en pé de igualdade. Que o feminismo tivese chegado á súa meta, que a loita rematará. Só neste contexto, comprendería ese desexo de baleirar de sentido o feminismo.
Sen embargo, paradóxicamente, no contexto real, non o ideal, a molestia que provoca a palabra feminismo faino máis necesario, só este termo é molesto cando o patriarcado ve os seus inxustos privilexios ameazados, e non quere desprenderse deles. Esa enquisa só é a proba da necesidade de seguir a reivindicar a igualdade de dereitos. Que tipo de publicación seria pode querer desprestixiar o termo feminismo, cando falamos de mortes? Que tipo de cobardes poden sentirse incómodos cunha reivindicación xusta para á súa nai, compañeira, avoa, filla, …?.
Ao seu pesar, e tamén ao noso, o feminismo segue a ser necesario. Ao seu pesar e máis ao noso, o feminismo segue a ser imprescindible. E tamén ao seu pesar e máis ao noso segue a estar de actualidade.



25 DE NOVEMBRO: O FEMINISMO MAIS NECESSÁRIO QUE NUNCA
Em 1981 celebrou-se em Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latino-americano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Dia Internacional da nom violência contra as mulheres. Esta data foi escolhida para comemorar as irmás Mirabal, três ativistas políticas que forom brutalmente assassinadas em 1960 por ordem do governante dominicano Rafael Trujillo.
Hoje, 25 de novembro de 2014, a violência contra a mulher continua a ser umha pandemia global. Até um 70% das mulheres sofre violência na sua vida.
Neste contexto lemos com assombro que a revista Time, acaba de realizar um inquérito para averiguar quais som as palavras que as suas leitoras e leitores digitais nom querem voltar ler em 2015. Entre as 15 palavras e expressons que a gente pode votar está “feminist”, neste momento está expressom ganha com umha ampla vantagem.
Eu também quero que a palavra “feminista” deixe de ter sentido, que deixe de estar presente no 2015, que nom seja necessária, que nom seja imprescindível.
Gostaria que nós, @s feministas, tivéssemos atingido, depois deste longo caminho sem descanso, a nossa liberdade, o poder de decidir sobre o nosso corpo, de ser donas do nosso futuro, de viver a nossa sexualidade com liberdade, de planificar a nossa maternidade, de viver em pé de igualdade. Que o feminismo tivesse chegado à sua meta, que a luita acabara. Só neste contexto, compreenderia esse desejo de baleirar de sentido o feminismo.
No entanto, paradoxalmente, no contexto real, nom no ideal, a moléstia que provoca a palavra “feminismo” torna-a mais necessária, só este termo é molesto quando o patriarcado vê os seus injustos privilégios ameaçados, e nom quer desprender-se deles. Esse inquérito só é a prova da necessidade de continuar a reivindicar a igualdade de direitos. Que tipo de publicaçom seria pode querer desprestigiar o termo “feminismo”, quando falamos de mortes? Que tipo de covardes podem sentir-se incómodos com umha reivindicaçom justa para a sua mae, companheira, avoa, filha, …?.
Ao seu pesar, e também ao nosso, o feminismo continua a ser necessário. Ao seu pesar e mais ao nosso, o feminismo continua a ser imprescindível. E também ao seu pesar e mais ao nosso continua a estar de atualidade.