quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

REPRESENTACIÓN MARX NO SOHO

Comezamos o ano con teatro!!!
O vindeiro 11 de xaneiro, estará Pepe Sendón  representando a obra de Howard Zinn Marx no Soho. Un texto documental moi escalrecedor e necesario en momentos como o que estamos a vivir.
Será ás 20:30 e o prezo da entrada son 5€.

A obra

Howard Zinn escribiu ‘Marx in Soho’ en 1999 coa idea de perfilar a persoa antes que o mito. A peza é un monólogo (ás veces máis ben un soliloquio) que se centra na estadía de Marx no Soho londinense, onde chega escapado coa súa familia despois de ser expulsado de media Europa.
Vive nun mísero apartamento de dous cuartos que aluga baixo un nome falso e non sempre pode pagar.

  Nesas penosas condicións, asiste á enfermidade da muller e á morte dun fillo tras doutro. Pero a loita diaria pola supervivencia non lle impide emprender, nun esforzo caótico e febril, a redacción da obra da súa vida: O Capital, unha análise crítica e científica da economía capitalista. Nesta peza teatral debúllanse as súas dúbidas sobre o resultado de tamaño esforzo, o apoio permanente do seu amigo Engels, as discusións cos colegas revolucionarios exiliados en Londres, a súa vida íntima como home de familia (a lealdade por Jenny, a súa esposa, a admiración por súa filla Leonor, as debilidades por Helena, a criada), as súas reflexións sobre os acontecementos da historia, mesmo do presente. O resultado é unha nova visión de Marx, máis próxima ao home común que ao prometeo revolucionario. Un Marx que afirma: ‘Eu non son marxista’.

Concebida para ser escenificada sen ningún aparato escénico, Marx no Soho busca unha proximidade dialogante co público e é apta para ser presentada en calquera tipo de auditorio apto para a palabra.

A duración da peza é de unha hora, aproximadamente.