terça-feira, 28 de maio de 2013


ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME

Este sábado, 1 de junho, organizamos um roteiro polas Fragas do Eume. Será um percorrido circular de dificultade baixa, duns 7 km. A saída está programada para as 9:00 horas. A rota trasncorre à margem do rio Eume, pasando polo Parrote e remontando até a central da Ventureira para voltar pola margem esquerda do rio com chegada ao Mosteiro de Caaveiro.

No caso de participarem nen@s a nossa recomendaçom é que o fagam a partir dos 9 anos, o grupo adaptará-se ao ritmo deles.

Levar comida e roupa abrigosa, ainda que é um roteiro de primavera vai frío pola zona.

Apontar-se chamando ao nº 618 88 78 97 ou bem por umha mensagem no nosso facebook. Também o podes fazer a través do nosso correio colectivoterra@gmail.com

Haverá um encontro em Pontedeume para ir tod@s junt@s. Será às 8:30 em foremdes, frente ao IES Breamo.

quinta-feira, 16 de maio de 2013

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS

Dende o Colectivo Terra queremos chamar ás/aos eumesas/es a participar na mobilización que o 17 de Maio percorrerá as rúas de Compostela en defensa do noso idioma. A continuación publicamos os manifestos de Queremos Galego e do Bloco Laranja. 

Queremos Galego


O noso idioma, o galego, é a base fundamental  sobre a que nos sustentamos como pobo. Se deixamos que esa base se estrague, todo canto se  apoia nela, a nosa esencia como galegos e galegas, abaneará como a terra nun sismo devastador.
 Porque non queremos ser estranxeiras na propia patria, atopamos motivos abondo para nos
mobilizar este 17M, entre eles:
 - Un goberno galego que debería promocionar e proxectar a lingua propia de Galiza, mais que en lugar diso  fai xustamente o contrario, levando adiante medidas que só afondan nos retrocesos que o galego está a sofrir. Un goberno que emitiu un Decreto que mingua as posibilidades de uso no ensino a mínimos históricos desde a existencia da Lei